domingo, 30 de septiembre de 2007

Cando caeu o primeiro e único Imperio Occidental?

Durante moito tempo considerouse que a caída de Roma aconteceu cun curioso acto final:

No ano 476 o "último emperador", Rómulo Augústulo, un neno de 13 anos controlado totalmente polo seu pai, Orestes, tivo que facer fronte a unha rebelión dun xeneral hérulo (e por ende, bárbaro) chamado Odoacro.
Este militar obtivo rapidamente a victoria, matou a Orestes e depuxo ao seu fillo, facéndose co total control do poder.
No entanto, o bárbaro abandonou e non fixo máis uso do título imperial, que durante 500 anos fora usado por un cento de gobernantes no mundo coñecido. Ou o que vén sendo o mesmo: non se proclamou emperador, acabando así, supostamente, a época latina.

Esta pequena "historieta" foi considerada, durante moito tempo, como o último acto importante acontecido na historia da civilización romana.
Desde que se comezou a investigar toda a herdanza dos antigos, moitas persoas interesadas no tema, quizais por tradición, quizais por falta de datos arquelóxicos ou literarios que aínda non descobriran a arqueoloxía ou os estudos clásicos, sempre falaban da "data máxica" para referirse á caída, sempre ao 476, esa data tan famosa e tan repetida.


É certo que Roma caeu no 476? O último emperador foi de verdade Rómulo Augústulo? Existía o Imperio como tal nesa época, ou era outra cousa diferente(un reino? unha nación? quizais un protectorado?)

Esas e outras moitas preguntas do mesmo estilo foron feitas por estudiosos da cultura clásica ao longo do séc. XX, e trouxeron tras de si numerosos estudos e excavacións na busca do que autenticamente acontecera.

Hoxe en día, en pleno séc. XXI, no cal parece que a busca da resolución de enigmas e de misterios, de cuestións históricas e de feitos dubidosos, está en alza e subindo, estas e moitas máis preguntas, tanto de Roma como doutros temas, séguense formulando en círculos de estudiosos e interesados que buscan darlle unha auténtica resposta obxectiva e real a todas as dúbidas que hoxe en día permanecen e piden en moitos casos ser resoltas.

No hay comentarios: